Final Fantasy IX en debuxos animados

83

O popular videoxogo Final Fantasy IX, que apareceu por primeira vez en 2000, contará cunha adaptación a unha série de debuxos animados dirixida aos nenos e aos adolescentes.

A Cyber Group Studios ven de asinar un acordo coa Square Enix, a compañía creadora do xogo, para produciren o programa e encargar-se da súa distribución, licéncias e mercadoría.

O presidente da Cyber Group Studios, Pierre Sissmann, revelou que comezarán a ofrecer a série ás canles de televisión decontado: “Os xogos teñen un grnade potencial de co-visionado. Para aqueles que coñecen o final de Final Fantasy IX, esta será unha introdución, e para os moitos que non, esta série os mergullará nun universo que van adorar“.

O proxecto aínda ten moitos chanzos por diante, e o seu comezo sería para o final de 2021 ou comezos de 2022.