O director de Scoob! quere unha segunda parte

94

O realizador Tony Cervone ven de confirmar que está a desenvolver unha espécie de continuación da precuela de debuxos animados de Scooby-Doo do ano pasado, Scoob!

O filme de 2020 estreára-se nun primeiro intre nas salas de cinema, pero cando comezou a pandémia tamén se puxo a dispór dos espectadores en formato dixital, e polo tanto, non está claro o éxito que tivo para a Warners.

Nombergantes, seica os estudos ven o potencial de ampliar o Universo Cinematográfico de Hanna-Barbera, e Cervone dixo: “Estamos a estudar unha continuación de Scoob! Aínda non se anunciou, pero é algo que nos entusiasma. Toda a equipa creativa que fixo a primeira película segue por aquí e está a traballar en algo novo. Foi xenial crear este Universo Cinematográfico Hanna-Barbera, e é emocionante volver a el“.

A primeira Scoob! incorporou a persoaxes doutros debuxos animados, coma o Blue Falcon, o Captain Caveman e Dick Dastardly. Sexa o que sexa que veña, é de agardar que a nova entrega tamén engada mais persoaxes famosos da Hanna Barbera.

O proxecto é independente do especial de nadal de Scooby-Doo da canle The CW que contará co elenco orixinal de Scooby-Doo e que parodiará as recentes xuntanzas dos vellos actores de Friends e The Fresh Prince of Bel-Air.