Capaldi e Raine na hora do demo

100

O ex-Doutor Who Peter Capaldi e mais a actriz Jessica Raine serán os protagonistas da série de seis episódios The Devil’s Hour que producen a Amazon Studios e a Hartswood Films (a responsábel, entre outros, de recentes éxitos coma Sherlock e Dracula).

O prometedor guionista inglés Tom Moran escribirá a série, que vai sobre Lucy Chambers (Raine), unha muller que se ergue cada noite exactamente ás 3:33 horas. O seu fillo de oito anos está retraído, ela fala con cadeiras baleiras e a súa casa está atormentada polos ecos da vida. Cando o seu nome fique inexplicabelmente conectado a unha cadea de brutáis asasinatos no área, as respostas que estiveron a se lle negar todos estes anos por fin saen á luz.

Capaldi fará o papel dun reclusivo nómada, impulsado por unha obsesión asasina, e que se converte no principal obxectivo dunha persecución policial dirixida por un compasivo detective (Nikesh Patel).

Meera Syal, Alex Ferns, Phil Dunster e Barbara Marten son os outros actores que completan o elenco dunha série que está xa a se rodar nos estudos Farnborough de Londres.