As orixes do cemitério de animáis

67

Jackson White, o coprotagonista masculino xunto a Kelsey Grammar da comédia The Space Between, está a negociar a súa incorporación ao elenco da segunda parte de Pet Sematary na Paramount Players.

Todo semella indicar que a nova entrega non será unha continuación da adaptación de 2019 da clásica novela de terror de Stephen King. No seu lugar, seica podería ser unha precuela, xa que o papel de White será o de Jud Crandall, o ancián persoaxe que interpretaron John Lithgow no filme de 2019 e Fred Gwynne na de 1989.

A rodaxe ten previsto comezar en agosto, baixo a dirección e cun guión de Lindsey Beer, a partir dun esbozo orixinal de Jeff Buhler. Lorenzo di Bonaventura e Mark Vahradian producirán e a longametraxe estreará-se en exclusiva no servizo de streaming da Paramount+.