Skarsgård nada na piscina de Cronenberg

99

O actor sueco Alexander Skarsgård (Randall Flagg en The Stand) protagonizará Infinity Pool, o novo thriller de ciéncia-ficción do director de Possessor, Brandon Cronenberg, que rodará para a NEON e a Topic Studios.

A história, da que polo de agora non se sabe demasiado, irá sobre unha parella que é rica, namorada e en vacacións. O seu complexo turístico con todo incluído conta con percorridos pola illa e práias resplandecentes. Pero afóra das portas do hotel agarda algo moito mais perigoso e sedutivo, alén do bordo do paradiso.

A Skarsgård poderémo-lo ver antes noutro thriller, neste caso histórico, The Northman, con Nicole Kidman e dirección de Robert Eggers.