Johansson produce a Torre do Terror

102

A nosa Black Widow favorita, Scarlett Johansson, ten pendente o seu filme dende hai case dous anos, pero por mor da pandémia a Disney aínda non-o estreou. Nombergantes, a actriz aínda ficará vencellada á Casa do Rato para producir unha adaptación ao cinema da famosa atracción Tower of Terror.

Josh Cooley (Toy Story 4) é o autor do guión desta longametraxe, cuxo argumento polo de agora non se deu coñecer. Tampouco está claro se Johansson actuará no proxecto ademáis de produci-lo, pero as portas as ten abertas porque o filme creou-se coma unha potencial saga para ela.

Tower of Terror é unha atracción dos parques da Disneyworld, que consiste basicamente nun percorrido nun vagón que sube moitos metros e cae de súpeto dun xeito terrorífico. O filme será producido ademais por Jonathan Lia, e polo momento non conta con director.

A propriedade xa fora anteriormente levada ás pantallas, nun telefilme de 1997 con Steve Guttenberg e Kirsten Dunst, que ía sobre un xornalista investigando un hotel dos anos 30 no que a xente desaparece misteriosamente.