Seica a canle The CW está a desenvolver The Winchesters, unha precuela da série Supernatural que traería de volta a Jensen Ackles no papel de Dean Winchester, coma narrador.
O novo programa centrará-se nos pais de Dean e Sam Winchester, John e Mary. Esta será a “história épica nunca antes contada” de como John coñeceu a Mary e de como todo chegou encaixar para que non só salvasen o seu amor, senón de paso ao mundo enteiro.
Jeffrey Dean Morgan interpretou a John Winchester nun papel que só se viu durante a primeira tempada de Supernatural, mentres que Samantha Smith fixo de Mary ao longo das tempadas 12, 13 e 14. Ambos apareceron de vez en cando coma actores convidados.
Matt Cohen apareceu tres veces no papel do mozo John e Amy Gumenick outras dúas mais coma Mary de rapaza, en episódios que serviron coma amosar o pasado en flashbacks.
Ackles e mais a súa muller Danneel serán os produtores executivos por médio da súa compañía, a Chaos Machine Productions. A série polo de agora só conta co compromiso de entregar os guións, que corren a cargo de Robbie Thompson.
A série orixinal durou un total de quince tempadas, que se emitiron entre 2005 e 2020.