A AMC entrevistará aos vampiros

106

A AMC ven de lle dar a luz verde a un proxecto polo que adaptará á tele a clásica novela de vampiros de Anne Rice Interview With the Vampire.

A AMC fixéra-se cos dereitos das obras de Rice o ano pasado, e agora ven de encargar a produción dunha série de oito episódios baseados na devandita novela, que é tan só a primeira da saga The Vampire Chronicles, centrada ao redor do seu protagonista, o vampiro Lestat, e xa conta con plans para estrea-la ao longo de 2022.

Rolin Jones será o guionista, produtor executivo e showrunner da série. Mark Johnson, Anne Rice e Christopher Rice serán os outros produtores executivos.

A propriedade xa fora levada ás pantallas anteriormente, nun famoso filme de 1994 que protagonizaron Tom Cruise, Brad Pitt, Kirsten Dunst e Antonio Banderas.