Matthew Robinson escribirá o guión de Star Wars: Rogue Squadron, o filme da Disney e a Lucasfilm que baixo a dirección de Patty Jenkins ten prevista a estrea para o nadal de 2023.
A película estará mais ou menos baseada nas novelas da série X-Wing publicadas entre 1996 e 2012 e amosará a aparición dunha nova xeración de pilotos de X-Wing tentando gañar as súas ás. O argumento e mais os persoaxes aínda non se deron a coñecer.
Robinson fixo o seu debut coma guionista e co-director en 2009 co filme The Invention of Lying e é o autor do filme para nenos Dora and the Lost City of Gold (2019), así coma o Love and Monsters do ano pasado. Na actualidade está a traballar na secuela de Edge of Tomorrow e mais na nova adaptación do clásico musical Little Shop of Horrors.
O proxecto aínda vai para longo: a pre-produción de Rogue Squadron comezará en outono, a rodaxe ten previsto iniciar-se ao longo de 2022 e a estrea será para o 22 ou 23 de decembro de 2023.