Ashcroft camiñará con Pés Grandes

73

O actor e realizador novacelandés James Ashcroft ven de asinar o contrato polo que se converterá no director de Devolution, a adaptación para o cinema da novela homónima de Max Brooks (autor de World War Z) para a Legendary.

A história vai sobre os Bigfoot e está centrada nunha comunidade tecnolóxica pero ecoloxista nos bosques de Washington, no noroeste dos Estados Unidos, que fica illada por mor dun desastre natural. A súa estrutura social desintégra-se decontado e os membros da comunidade deben enfrontar-se á desconexión do mundo exterior e ao mesmo tempo ao ataque dun grupo de depredadores, que resultan ser Pés Grandes.

Ashcroft, cuxo filme de terror Coming Home in the Dark estreou-se con grande éxito no festival de Sundance este ano e que xa foi adquirido pola Netflix, encargará-se ademais de pulir o guión xunto ao seu parceiro nestas tarefas, Eli Kent.