A Sony Pictures ven de comezar o desenvolvemento dunha adaptación ao cinema do clásico título de manga de Akihito Tsukushi Meido in Abisu (ou “Feito no Abismo”, na súa tradución galega).
A história vai sobre unha nena orfa chamada Riko quen, xunto ao seu amigo robot Reg, está á procura da súa nai perdida, que foi unha exploradora de grande sona que investigaba un xigantesco burato na Terra, chamado o Abismo.
O Abismo contén artefactos e restos dunha civilización perdida hai moito e é un lugar habitual para que os saqueadores de cavernas atopen tesouros. Pero os que entran na cova poden experimentar un meigallo ou enfermidade, que se manifesta mais agudamente naqueles que entraron mais profundo.
Kevin McMullin (Low Tide) está a adaptar o guión xunto a Roy Lee, e Masi Oka será o produtor. Este manga xa orixinara en 2017 unha série de anime para a tele e mais unha longametraxe de debuxos animados que se estreou en Xapón o ano pasado.