Simon Pegg, na adaptación de Galaxy Quest á tele

85

O actor e guionista de Star Trek Simon Pegg está a traballar nun proxecto para transferir o filme de culto Galaxy Quest á pequena pantalla xunto coa escritora do recente éxito folletinesco Succession, Georgia Pritchett.

Protagonizada por Tim Allen, Sigourney Weaver, Alan Rickman, Sam Rockwell, Tony Shaloub e Daryl Mitchell en 1999, esta comédia de ciéncia-ficción que parodiaba aos fans de Star Trek converteu-se no seu día nun clásico mália non obter mais ca modestos resultados no despacho de billetes, grazas á súa saída ao mercado de DVD.

Xa en xaneiro, Allen revelara plans potenciais para facer unha secuela do filme centrada no seu persoaxe, Jason Nesmith, quen interpretaba a Peter Quincy Taggart, o capitán da nave espacial Protector, e mais o persoaxe de Rickman, Alexander Dane, o álien Dr Lazarus, o que se complicou notabelmente por mor do pasamento de Rickman en 2016.

Pegg, quen podería repetir o sei papel do enxeñeiro xefe da USS Enterprise Scotty nunha vindeira secuela de Star Trek no cinema, prevista para 2023, é o autor do guión de Star Trek Beyond (2016) xunto a Doug Jung, así coma da comédia de 2011 Paul, neste caso xunto ao seu habitual parceiro Nick Frost.

Pola súa banda, Pritchett, quen está a traballar na segunda tempada da série de Armando Iannucci Avenue 5, desvelou a existéncia da devandita adaptación de Galaxy Quest á tele nunha entrevista na prensa inglesa.