Os estudos Electric Brain Entertainment veñen de se facer cos dereitos para adaptar á tele a popular websérie de debuxos animados coreana Deep, orixinal de Towoo e Kim Taeheon.
Este thriller de ciéncia-ficción vai sobre as famílias de humáns que desapareceron, e que reaparecen posteriormente no océano coma cadáveres viventes, sen envellecer e sen cámbio algún despois de pasar anos ou mesmo décadas dende que se lles deu por mortos.
O plan agora é facer dúas séries, unha en coreán e outra en inglés, pero con argumentos e con protagonistas superpostos, coa esperanza de atraír ás audiéncias nunha história que “abranguerá dende Los Angeles a Sydney a Seúl, e a todos os lugares no médio“.
O guionista de Thor e X-Men: First Class Zack Stentz e mais o produtor Geoffrey Clark encabezarán estas séries, das que ambos serán os produtores executivos xunto a Ko Dae-Jung e Hugh Cha.