O lendário realizador Richard Donner morreu o pasado luns aos 91 anos. Entre os seus filmes cómpre salientar o primeiro Superman, de 1978, así coma a súa secuela de 1980, Superman II, pero tamén moitos outros clásicos: The Omen (1976), Ladyhawke (1985) ou Timeline (2003). Para a tele, dirixiu The Twilight Zone ou The Man From U.N.C.L.E., e coma produtor executivo foi o responsábel de Tales from the Crypt e dúas entregas de X-Men.