A Consagración de Christopher Smith

733

O realizador inglés Christopher Smith, quen pode presumir dunha boa experiéncia no xénero de terror (Triangle, Severance, Black Death, Creep) dirixirá o thriller sobrenatural Consecration para a AGC Studios.

Smith conta ca cun guión que el mesmo escribiu xunto a Laurie Cook sobre unha história que ten lugar nun convento escocés. Grace é unha muller que viaxa ao convento de Monte Salvador para investigar a misteriosa morte de seu irmán, un cura. Unha vez alí, Grace descubre asasinatos, sacriléxios e unha espantosa verdade sobre o seu própio pasado.

Cook, Xavier Marchand e Jason Newmark serán os produtores deste filme, cuxo casting está xa en marcha. A rodaxe comezará a finais deste verán en Londres e en Escócia.