Zack Snyder busca rebeldes

198

Após do éxito con Army of the Dead, a Netflix quere manter a Zack Snyder no seu cadro de persoal e xa lle encargou un novo proxecto: a longametraxe de fantasía e ciéncia-ficción épica Rebel Moon.

A história comeza cando unha pacífica colónica no bordo da galáxia é ameazada polos exércitos dun tiránico rexente chamado Balisarius. O povo, desesperado, envía a unha rapaza cun misterioso pasado para que busque guerreiros en planetas próximos para lles axudar coa resisténcia.

Snyder está a escribir o guión xunto a Shay Hatten (Army of the Dead) e Kurt Johnstad (300). Ademais, será o produtor xunto aos seus habituáis parceiros Deborah Snyder, Wesley Coller e Eric Newman (Dawn of the Dead).

Seica a ideia para Rebel Moon naceu coma un posíbel argumento para a saga de Star Wars hai cousa de dez anos, pero nunca chegou ser mais ca un proxecto que non pasou da fase de discusión. Durante algún tempo, consideraron facer unha série, pero finalmente se decidiron por unha longametraxe, onde din que se desenvolverá o seu auténtico potencial.

Nunha entrevista, Snyder dixo: “Este son eu medrando coma fan de Akira Kurosawa, fan de Star Wars. É o meu amor pola ciéncia-ficción e unha aentura xigantesca. A miña esperanza é que isto tamén se converta nunha enorme franquía e un uniiverso que se poida ir construíndo“.

Rebel Moon é o vindeiro filme de Snyder e a produción comezará a primeiros de 2022.