DreamWorks, volcada coas secuelas

783

schrekA DreamWorks Animation, a factoría que todos os anos compete co binómio Disney-Pixar para lanzar o filme de animación do ano, prepara un auténtico aluvión de secuelas dos seus personaxes mais emblemáticos e recadadores.

Así, a produtora xa traballa en Shrek goes fourth, a cuarta entrega do ogro mas popular da história que verá a luz en 2010, e en Madagascar 3 que se estreará en 2012. E entre meias está previsto tamén que se estree a secuela doutro dos seus éxitos mais recentes, Kung Fu Panda, unha das nominadas ao Globo de Ouro ao mellor filme de animación do ano.

Foi o máximo responsábel de DreamWorks Animation, Jeffrey Katzenberg o que durante a promoción da que será a sua próxima creación Monstros contra Alieníxenas, que chegará a España en abril do próximo ano, confirmou o aluvión de secuelas que preparan para encher os cines os próximos anos. En declaracións á prensa revelou que a cuarta entrega de Shrek non será unha secuela se non unha precuela que relatará como o ogro mais célebre do celuloide comezou a vivir na sua suxa e añorada ciénaga.

Encanto a Madagascar 3, avanzou que nesta nova aventura Marty a cebra, o león Alex, Melman a xirafa, Glória o hipopótamo, o Rei Julien e os graciosos pingüinos farán o camiño de volta e tornarán ao seu fogar, o zoo de Central Park. Ademais, sobre a segunda entrega de Kung Fu Panda, o directivo de DreamWorks segurou que a secuela non será o último filme protagonizada por Po que se converterá na estrela de outra hipertaquilleira saga de animación.

Se repasamos as cifras de despacho de billetes é evidente atopar o porque DreamWorks se volca cos seus personaxes mais coñecidos. A terceira entrega de Shrek atinxiu unha recadación global de 793 millóns de dólares, menos cós 920 millóns de dólares que logrou Shrek 2 aos que hai que somar os 480 millóns do seu debut.

Tres auténticos éxitos que converten ao ogro verde da DreamWorks na saga de animación mais exitosa da história. Pola sua parte, Kung Fu Panda superou os 600 millóns en despacho de billetes e con Madagascar 2 xa levan recadados mais de 300 millóns de dólares en todo o mundo.