Monaghan entra no Xardín do Edén

80

O controvertido Dominic Monaghan (Merry en The Lord of the Rings) será o protagonista de Moonhaven, un novo thriller de suspense ambientado no espazo que a canle AMC está a desenvolver cunha série de seis episódios que contará ademais co guionista e produtor Peter Ocko (Black Sails).

A história vai sobre Bella Sway, unha piloto luar e contrabandista no século XXII que é acusada dun crime e abandoada en Moonhaven, un Xardín do Edén construído na Lúa para atopar solucións aos problemas que axiña rematarán coa civilización na Terra.

Pero Bella é envolta nunha conspiración para se facer co control da intelixéncia artificial responsábel dos milagres de Moonhaven e deberá formar equipa co detective local Paul Sarno (Monaghan) para detér ás forzas que queren destruír a derradeira esperanza da Terra antes de que eles mesmos sexan destruídos.