Tan só unha semana despois da estrea no servizo de streaming da Amazon Prime Video, a Amazon Studios e a Skydance están xa a manter conversas para produciren unha secuela da longametraxe de ciéncia-ficción The Tomorrow War.
O plan é agora que o director Chris McKay, o guionista Zach Dean, e mais o elenco principal composto por Chris Pratt, Yvonne Strahovski, Sam Richardson, Betty Gilpin, Edwin Hodge e J.K. Simmons, regresen aos seus postos.
As primeiras críticas para o filme, que contou cun orzamento de 200 millóns de dólares, non foron moi positivas, cun tope máximo do 54% na web de Rotten Tomatoes por exemplo, pero o certo é que entre o público, a película é un grande éxito a nivel mundial e a Amazon está a gozar dunhas audiéncias que nunca antes tivera.
Polo de agora non hai ningunha ideia de cando podería comezar a produción desta secuela.