Silverhawks contará cun revival

56

A Nacelle Company ven de anunciar os seus plans para realizar unha série revival de Silverhawks, o clásico dos debuxos animados de ciéncia-ficción que produciu a Rankin/Bass nos anos 80.

A série orixinal, que ao longo de 65 episódios tentaba esencialmente ser unha espécie de Thundercats no espazo, ía sobre unha equipa de heroes metálicos do século XXIX encargados de detér a unha organización criminosa e de protexer aos cidadáns da galáxia de Limbo do malvado Mon*Star.

A Nacelle, responsábel das séries semidocumentais Behind The Attraction e Down To Earth with Zac Efron, asociará-se coa Silverhawks LLC para lle dar unha nova vida a un programa que no seu día foi de culto entre os nenos, e que hoxe grazas á empresa xogueteira Super7, que se fixo cos dereitos recentemente, verá axiña os bonecos nos andéis das tendas.