O actor e produtor Wilmer Valderrama e mais o seu selo WV Entertainment ven de se facer cos dereitos da novela gráfica Aztlán para desenvolver vía a CBS Studios. Nestes intres están á procura dun guionista que adapte o material a unha série, da que o mesmo Valderrama será o produtor executivo.
A obra orixinal, do guionista Eduardo Ancer e do debuxante Pablo Polanco e patrocinada a través de Kickstarter, é unha fantasía épica ambientada en Centroamérica baseada no mito azteca dos Cinco Soles e vai sobre unha carreira para se facer coas máscaras dos deuses elementáis e para utilizar o seu poder para evitar, ou se cadra provocar, o colapso do actual orde mundial.
O capítulo 1 de Aztlan publicou-se en 2017 en México e está esgotado; o capítulo 2 está xa listo, e cos fundos de Kickstarter imprimirán ambos os dous en catro idiomas: español, inglés, francés e nahuatl.