O director responsábel de Oblivion e TRON: Legacy, Joseph Kosinski, ven de recibir o encargo de adaptar ao cinema a novela gráfica Chariot para a AWA Studios e a Warner Bros. Pictures.
Alcumada coma un “thriller de ciéncia-ficción synthwave” e soando esencialmente coma unha nova versión de Knight Rider, o título do cómic refíre-se a un proxecto governamental secreto da época da Guerra Fría para fornecer a un axente estrela un arma sen igual en forma dun coche deportivo de última xeración.
O devandito coche afundiu-se no océano hai décadas, incluíndo ao axente. Agora, un criminoso que quere reformar a súa vida atopa o “Chariot” e axiña descubrirá que a conciéncia do axente aínda o controla.
Julian Meiojas (Ingobernable, Code Black) escribiu o guión baseado na novela gráfica orixinal de Bryan Edward Hill e Priscilla Petraites. Kosinski e mais o dúo de Stranger Things composto por Shawn Levy e Dan Cohen serán os produtores.
Kosinski ven de dirixir dúas películas de acción e grande orzamento que están por se estrear: Top Gun: Maverick, con Tom Cruise, e Escape From Spiderhead, protagonizada por Chris Hemsworth.