O director de WandaVision, na nova de Star Trek

118

No que semella tan só o último golpe de efecto da Paramount Pictures e a Bad Robot, Matt Shakman ven de pechar un acordo para dirixir a vindeira entrega da saga de Star Trek no cinema.

Este é realmente o sexto anúncio dunha continuación para Star Trek Beyond nos últimos cinco anos. Primeiro J.J. Abrams ía facer a história de Hemsworth. Logo falou-se de Quentin Tarantino, despois de S.J. Clarkson e de Noah Hawley. Hai uns meses Kalinda Vazquez estaba a escribir unha película. Pero agora a versión das guionistas Lindsey Beer e Geneva Robertson semella ter recibido o visto bó.

En calquera caso, seica haberá unha continuación da deostada liña temporal Kelvin, con Chris Pine no papel de capitán Kirk e Zachary Quinto coma Spock, pero isto non está confirmado, se ben Abrams regresa coma produtor.

Arestora o proxecto apunta a comezar a rodaxe o ano que ven en primavera, con plans de estrear o 9 de xuño de 2023, o que serían sete anos despois de que Star Trek: Beyond chegara aos cinemas.

Shakman, quen comezou a súa carreira coma director teatral, foi o produtor executivo e director da recente WandaVision para a Marvel Studios, e tamén dirixiu vários episódios de Game of Thrones.