Braff é o Elon Musk marciano

74

O actor e realizador Zach Braff ven de se unir ao elenco do filme de ciéncia-ficción Moonshot, que producen a New Line e mais a HBO Max.

Max Taxe escribiu o guión desta história, que está ambientada nun futuro no que Marte foi terraformado e colonizado polos mellores seres humáns que se puideron escoller. Dous estudantes universitários moi diferentes rematan por unir as súas forzas e cóan-se a bordo dun transbordador espacial con destino ao planeta vermello para se reunir coas súas parellas.

Braff interpreta ao cerebro que está atrás do esforzo por colonizar Marte, un empresário e visionário que seica está baseado no polémico Elon Musk. Cole Sprouse, Lana Condor, Mason Gooding, Emily Rudd e Lukas Gage son os outros membros do elenco do filme, que está xa en fase de produción. Chris Winterbauer dirixe, e Greg Berlanti, Sarah Schechter, Jill McElroy e Jenna Sarkin producen.