En xaneiro anunciára-se que a HBO Max estaba a desenvolver un proxecto de série de debuxos animados ambientado na súa franquía de mais éxito, a série Game of Thrones. Onte a compañía informou que coma mínimo haberá outras dúas séries mais que engadir.
Unha das devanditas séries estará ambientada nun território nunca visto e só referenciado brevemente na série orixinal: o império dourado de Yi Ti, unha rexión en Essos preto do límite sur-leste do mundo coñecido. A sociedade de Yi Ti está considerada coma unha das mais antigas e mais avanzadas neste reino de fantasía creado por George R.R. Martin e seica inspirado na China imperial (así coma o continente de Westeros estaría inspirado na Europa medieval).
Da outra série aínda non se sabe ren, agás que está en produción. As novas en todo caso veñen acompañadas dunha cancelación prematura: a série planeada Flea Bottom ambientada nos bárrios marxináis de King’s Landing non pasou a fase de proxecto e non se producirá.