Taylor entrevista ao vampiro

142

O director Alan Taylor, responsábel de moitos episódios de Game of Thrones, así coma dos filmes Terminator: Genisys e Thor: The Dark World, encargará-se dos dous primeiros capítulos da nova série Interview With the Vampire na canle AMC.

Taylor ademais será o produtor executivo da primeira tempada, que recibiu o visto bó no pasado mes de xuño e está baseada na novela homónima da escritora Anne Rice.

O proxecto conta cun encargo de oito episódios, coa ideia de estrear ao longo de 2022 na canle AMC e na súa irmá AMC+. Rolin Jones será o guionista, produtor executivo e showrunner, mentres que Mark Johnson será o produtor executivo xunto a Rice e mais o seu fillo Christopher Rice.