A Marvel e Tariq, en conversas para Blade

216

Após de vários meses á procura, a Marvel Studios está a negociar co realizador de orixe paquistaní Bassam Tariq para que dirixa o novo filme de Blade que protagonizará Mahershala Ali no papel do cazador de vampiros.

Seica Kevin Feige, Ali e algúns executivos mantiveron xuntanzas con dúcias de posíbeis candidatos durante todos estes meses. Os que pasaron á segunda fase fixeron algunhas presentacións dos seus proxectos, e a ideia de Tariq foi finalmente a escollida.

Stacy Osei-Kuffour escribirá o guión desta nova versión do persoaxe que interpretou Wesley Snipes nos anos 90 e primeiros 2000 en tres filmes. Blade é un híbrido humano-vampiro cuxa nai foi trabada e asasinada por un vampiro mentres daba a luz, e pasa os días e as noites cazando aos monstros chuchasangue.

O anúncio de que Ali sería o protagonista remónta-se xa á última Comic-Con de San Diego, dous anos atrás.