Mackie e Notaro teñen unha pantasma na casa

1083

Non moito tempo despois do anúncio do comezo da súa produción, revelou-se un abraiante elenco para a aventura familiar da Netflix We Have a Ghost.

Anthony Mackie (The Falcon and the Winter Soldier), Tig Notaro (Army of the Dead), David Harbour (Hellboy), Jennifer Coolidge (Promising Young Woman) e mais Jahi Di’Allo Winston (Charm City Kings) veñen de asinar para o filme, no que tamén participan Erica Ash, Isabella Russo, Niles Fitch, Faith Ford e Steve Coulter, baixo a dirección de Christopher Landon (Happy Death Day, Freaky), quen conta cun guión que el mesmo escribiu.

Baseada no conto Ernest de Geoff Manaugh, a história vai sobre Kevin e a súa família, que descobren que unha fantasma chamada Ernest axexa a súa nova casa e converten-se na sensación das redes sociais da noite para a mañá. Pero cando Kevin e Ernest póñen-se a investigar o mistério do pasado de Ernest, converten-se no obxectivo da CIA.

Marty Bowen, Dan Halsted e Isaac Klausner serán os produtores.