Carlyle no Universo Stargate

0
215

carlyleO actor escocés gañador dun Oscar Robert Carlyle (The Full Monty) será o protagonista da nova série da canle SCI FI Channel que continuará explorando o universo de Stargate, interpretando ao Dr. David Rush. 

A produción escomezará axiña en Vancouver, Canadá, en febreiro de 2009, cun ollo posto no debut previsto para o verán do mesmo ano. Os outros actores que conformarán o reparto están ainda por definir. 

Descrito como mais nervoso e xuvenil no seu tón cás dúas séries que a precederon, Universe Stargate centrará-se nun grupo de soldados, científicos e civís que deberán loitar polas súas vidas após de seren obrigados a pasar a través dunha porta Stargate cando a súa base secreta é atacada. 

Os desesperados supervivintes aparecen a bordo dunha antiga nave perdida no mais profundo do espazo. Mentres loitan por sobreviviren, o Dr. Rush (Carlyle) traballa para resolver os mistérios da nave e facer regresar ao grupo a casa, pero axiña sairán a relocir as probas dos seus verdadeiros motivos. 

Brad Wright e Robert Cooper – cocreadores de Stargate SG-1 e Stargate Atlantis, así como produtores executivos das dúas séries – serán asemade os produtores executivos da nova saga e guionistas da mesma.