A HBO Max xa ten nova Batgirl

104

Leslie GraceLeslie Grace (In the Heights) ven de se facer co papel de Barbara Gordon na vindeira película Batgirl da HBO Max. A história centrará-se na filla do comisário James Gordon, que se converte na superheroína Batgirl na cidade de Gotham, e conta cos directores Adil El Arbi e Bilall Fallah e cun guión de Christina Hodson.