A Amazon ven de encargar a produción dunha série limitada de seis episódios baseada na novela fantástica de 2005 de Neil Gaiman Anansi Boys.
A história orixinal vai sobre Charlie Nancy, un rapaz acostumado a ser avergoñado polo seu pai, con quen non se fala. Pero cando o seu pai morra, Charlie descubre que era Anansi, o deus trangalleiro das histórias, e tamén de que ten un irmán, Spider, que entra na vida de Charlie, decidido a face-la máis interesante pero tamén moito mais perigosa.
Aínda que a série xira ao redor do persoaxe do señor Nancy, interpretado por Orlando Jones na recentemente cancelada série de Starz American Gods, non se trata dun spin-off ou secuela/precuela desa série. Jones, que foi despedido durante a tristemente célebre segunda tempada da série, non participará en Anansi Boys, e a Fremantle (produtora de American Gods) tampouco está vencellada a este proxecto.
Gaiman e Douglas Mackinnon (Good Omens) serán os co-showrunners deste proxecto, do que o mesmo Gaiman, xunto a Lenny Henry, Arvind Ethan David, Kara Smith e Racheal Ofori, serán os guionistas. O episódio piloto contará coa dirección de Hanelle M. Culpepper (Star Trek: Picard).
O comezo da produción está previsto para fináis deste ano en Inglaterra e a procura do elenco de actores xa está en marcha.