Novas esperanzas para Manifest

138

Un mes despois de que a NBC cancelara o seu drama de mistério Manifest após de tres tempadas, as conversas verbo dunha posíbel resurrección da série están a cobrar forza unha vez mais.

Seica a NBC está a falar coa Warner Bros TV sobre unha renovación, mentres que a Netflix tamén retomou as conversas coa Warner Bros. TV para facer unha nova tempada.

E todo elo mentres as audiéncias das dúas primeiras tempadas da série, dispoñíbeis na Netflix americana, continúan a aumentar, o que fai que o servizo de streaming se interese nela, coma xa aconteceu no seu día con Lucifer, outra série cancelada pola Warner Bros TV e continuada pola Netflix.

Manifest foi concibida para seis temporadas, pero cancelou-se cun final de suspense após de tres tempadas. Josh Dallas, Melissa Roxburgh, J.R. Ramirez, Luna Blaise, Jack Messina, Parveen Kaur e Matt Long foron os seus protagonistas.