Anna Torv úne-se a The Last of Us

966

Anna Torv, a inesquecíbel axente Olivia Durham de Fringe, ven de se facer cun papel dentro do cada vez mais salientábel elenco de actores que interpretarán a série The Last of Us na HBO.

A série, que seica baterá récords de orzamento superando a Game of Thrones, está baseada no videoxogo homónimo e ten lugar dous décadas despois de que a civilización moderna fora destruída. Joel (Pedro Pascal), un duro supervivente, é contratado para sacar clandestinamente a Ellie (Bella Ramsey), unha rapariga de 14 anos, para fóra dunha opresiva zona de corentena. Pero o que comeza coma un traballo sinxelo converterá-se nunha viaxe brutal a través dos Estados Unidos.

Torv fará o papel de Tess, a parceira contrabandista de Joel, que o axuda a el e mais a Ellie na primeira parte da súa viaxe para chegaren ao edifício do Capitólio de Boston.

Gabriel Luna, Nico Parker, Merle Dandridge, Murray Bartlett e Jeffrey Pierce son os outros protagonistas da série, que conta con Craig Mazin (Chernobyl) coma showrunner.

A primeira tempada terá dez episódios e estreará-se en 2022.