A máxia medicinal de Lindelof e Reeves

773

O showrunner de Watchmen, Damon Lindelof, e mais o director de The Batman, Matt Reeves, traballarán xuntos na produción de The Human Conditions, unha nova série fantástica da HBO Max.

O realizador inglés Oscar Sharp creou este proxecto, alcumado coma un “drama médico de realismo máxico”, que vai sobre un xove médico inglés que debe aprender a tratar enfermidades imposíbeis e fantásticas curando os problemas emocionáis que subxacen baixo delas. E todo elo, mentres vai enfrontándo-se a si mesmo.

Sharp, recente nominado aos prémios BAFTA, é o responsábel da aclamada curta The Karman Line, e encargará-se de escribir, dirixir e ser o produtor executivo deste proxecto da Warner Bros. Television. Daniel Pipski, Rafi Crohn, Tanya Seghatchian e John Woodward son os resto dos produtores executivos.