A Netflix planea unha série de Pokémon

298

A Netflix ven de anunciar que está a desenvolver unha série de televisión con acción real e baseada en Pokémon. Joe Henderson, o actual co-showrunner e produtor executivo de Lucifer, está vencellado a este proxecto coma guionista e produtor executivo.

Lucifer chegará á súa sexta e derradeira tempada en setembro, así que Henderson terá tempo de se poñer mans á obra co seu novo traballo, do que polo de agora non hai mais detalles. A Netflix en todo caso xa conta con moitas séries de Pokémon, incluíndo Pokémon: Indigo League e Pokémon Journeys.

Hai un par de anos estreou-se Detective Pikachu, un filme con acción real cos Pokémons, que recadou 430 millóns de dólares a partir dun orzamento inicial de 150, polo que a Netflix quere tirar proveito desta posibilidade. Nestes intres están ademais a desenvolver outras dúas adaptacións de populares debuxos animados con actores de carne e óso: Cowboy Bebop e One Piece.