O deus Delroy Lindo

685

Após de anunciar que non continuará na série de avogados The Good Fight, Delroy Lindo pása-se ao xénero fantástico nun dos papéis protagonistas da vindeira série da Amazon que ao longo de seis episódios adaptará a novela de Neil Gaiman Anansi Boys.

A história orixinal vai sobre Charlie Nancy, un rapaz acostumado a ser avergoñado polo seu pai, con quen non se fala. Pero ao morrer seu pai, Charlie descubre que era Anansi, o deus trangalleiro das histórias, e tamén de que ten un irmán, Spider, quen entra na vida de Charlie decidido a face-la máis interesante, pero tamén moito mais perigosa. Lindo fará o papel de Anansi.

Gaiman e Douglas Mackinnon (Good Omens) reunirán-se neste proxecto coma co-showrunners, e o mesmo Gaiman, Lenny Henry, Arvind Ethan David, Kara Smith e Racheal Ofori serán os guionistas, mentras que Hanelle M. Culpepper (Star Trek: Picard) dirixirá o episódio piloto.

A produción ten previsto comezar a finais de ano en Inglaterra.