Stanfield e Haddish entran na mansión enmeigada

107

O nominado ao Oscar LaKeith Stanfield e mais a actriz cómica Tiffany Haddish están a negociar a súa entrada coma protagonistas na película da Disney que adaptará ás pantallas a súa popular atracción dos parques temáticos Haunted Mansion (“A mansión enmeigada”).

A história vai sobre unha família que se muda á devandita mansión. Stanfield sería un viúvo que antes acreditaba no mundo sobrenatural, pero que agora se gaña a vida coma guía turístico no barrio francés de New Orleans. Haddish será unha vidente contratada para se comunicar cos mortos.

Justin Simien (Dear White People, Bad Hair) fará o seu debut coma director dun proxecto encadrado nun dos grandes estudos, para o que conta cun guión orixinal de Katie Dippold. Dan Lin e Jonathan Eirich, da Rideback, serán os produtores.

A rodaxe ten previsto o seu comezo este outono en Louisiana.