A Halcyon Co. ven de anunciar que está a desenvolver unha quinta entrega da saga de Terminator, na que intervirán unha vez mais o director de Terminator Salvation, McG, e mais os executivos da compañía Derek Anderson e Victor Kubicek.
Ainda non se tomou unha decisión sobre onde se rodará a seguinte entrega de Terminator, ainda que o Médio Este semella un forte candidato. Non en van o anúncio da quinta parte realizou-se no decurso do Festival de Cinema de Dubai.
Terminator Salvation, a cuarta parte da popular saga de ciéncia-ficción, presentou-se coma o comezo dunha nova triloxía de filmes, para os que Christian Bale xa asinou para protagoniza-los no papel de John Connor. A quinta parte ten previsto estrear-se en 2011.
A Warner Brothers ocupará-se da distribución do filme nos Estados Unidos, mentres que a Sony mercou os dereitos para o resto do mundo, coa excepción do Médio Este, onde se encargará a Gulf Film, unha empresa de Dubai.