A protagonista de Black Widow, Scarlett Johansson, ven de demandar á Disney por mor da súa decisión de estrear o filme fóra dos cinemas, o que seica fíxo-lle perder 50 millóns de dólares en entradas non vendidas. Johansson, coma produtora, tiña dereito a unha parte da recadación, que obviamente veu-se moi reducida. A Disney defénde-se dicindo que no médio da pandémia é imposíbel estrear nos cinemas, pero a solución depende agora dun tribunal de Los Angeles.