Guionistas para as tartarugas

988

Os irmáns Casey e Colin Jost, con ampla experiéncia no mundo das comédias, veñen de recibir o encargo da Paramount Pictures de escribiren o guión dunha nova película con acción real coas tartarugas mutantes coma protagonistas.

Os detalles do argumento, que aínda se atopa nos seus primeiros chanzos, mantéñen-se polo de agora en segredo, pero este proxecto é distinto e non garda relación co filme que Seth Rogen produce para a Paramount e a Nickelodeon con efectos xerados por computador.

Michael Bay, Andrew Form, Brad Fuller, Scott Mednick e Galen Walker son os produtores deste novo filme, que suporá unha nova entrega dentro dunha saga que comezou aló por 1984 coma série de televisión, e que continuou logo no cinema ao longo dos anos 90 e cun reinício xa nos anos 10 deste século.