O Señor dos Anéis en 2022

175

Lord of the RingsA Amazon ven de confirmar o remate da rodaxe en Nova Celándia da súa série The Lord of The Rings e anunciou que a estrea da primeira tempada se producirá o venres 2 de setembro de 2022, mentres que os seguintes novos episódios serán estreados a razón dun por semana en Prime Video. O título da série aínda está por decidir, pero estará ambientada miles de anos antes dos acontecementos que vimos na famosa triloxía de Peter Jackson.