Hoult é o escravo de Drácula

134

O actor inglés Nicholas Hoult (Hank McCoy en X-Men) será o protagonista, no papel do persoaxe central de Renfield, da vindeira longametraxe do mesmo título da Universal Pictures e a Skybound Entertainment co infame discípulo tolo de Drácula.

O realizador Chris McKay (The Tomorrow War, The LEGO Batman Movie) está a negociar a súa entrada no proxecto coma director e produtor a partir dun guión que escribiron Robert Kirkman (The Walking Dead) e Ryan Ridley (Rick and Morty).

A história xira ao redor do persoaxe de R.M. Renfield, un prisioneiro do asilo para dementes do que se coidaba que sufría ilusións, pero que é realmente un servo do malvado vampiro transilvano conde Drácula.

Entre os actores que deron vida a este persoaxe en anteriores aparicións nas pantallas cómpre salientar a Dwight Frye, Tom Waits, Peter MacNicol, Mark Gatiss, Klaus Kinski, Nonso Anozie e mais a Samuel Barnett.

Kirkman, David Alpert, Bryan Furst e Sean Furst son os produtores deste proxecto, que é un dos dous que está a se desenvolver baseados nalgúns elementos da famosa novela Dracula de Bran Stoker. O outro é The Last Voyage of the Demeter, que hai uns días confirmou a Corey Hawkins para o papel protagonista.