Ameaza xudicial contra O Hobbit

0
229

O HobbitOs herdeiros do creador de O Señor dos Aneis, J.R.R. Tolkien, demandaron ao estudo cinematográfico que lanzou a triloxía baseada nos seus libros, argumentando que este non lles pagou parte das gañanzas das exitosas películas.

A herdeira do escritor, unha organización benéfica británica chamada The Tolkien Trust, e mais a editorial orixinal de O Señor dos Aneis, a HarperCollins, presentaron a querela contra New Line Cinema o lúns nun Tribunal Superior de Los Angeles.

A demanda alega que a New Line debía pagar o 7,5% dos ingresos brutos dos filmes aos herdeiros de Tolkien e demáis demandantes. O voceiro da New Line non quixo responder ás preguntas dos xornalistas.

O Señor dos Aneis: a comunidade do anel (2001), O Señor dos Aneis: As dúas Torres (2002) e O Señor dos Aneis: o retorno do rei (2003) recadaran case 6.000 millóns de dólares en todo o mundo, segundo a demanda.

Os demandantes procuran unha compensación de máis de 150 millóns de dólares en danos punitivos non especificados e unha orde que lle dea aos herdeiros de Tolkien o dereito a rematar co contrato coa New Line para facer películas baseadas noutros traballos do autor, incluindo O Hobbit. Tal orde arruinaría os plans da New Line de facer dúas películas baseadas no devandito libro.

O director da triloxía de O Señor dos Aneis, Peter Jackson, xa asinara coma produtor executivo do proxecto, cuxa produción tiña previsto escomezar o ano que ven e cuxo lanzamento estaba programado para os anos 2010 e 2011.

Os fideicomisários de Tolkien non presentan demandas á lixeira e tentaron infrutuosamente resolver as queixas fóra dos tribunais“, dixo nun comunicado Steven Maier, un avogado dos herdeiros de Tolkien con sede en Inglaterra e xa coñecido porque no seu día demandara a dúcias de sítios Web por utilizaren nomes de domínio sacados dos libros de Tolkien. “A New Line non lle pagou aos demandantes nin un céntimo da súa parte contractual de gañanzas brutas mális os milleiros de millóns de dólares que xeraron estes filmes tan exitosos“.

Maier tamén alega que os estudos evitaron que os herdeiros de Tolkien e demáis demandantes auditen os ingresos dos últimos dous filmes.