Kutzman anúncia a académia da frota estelar

987

O máximo responsábel de todas as séries de televisión de Star Trek, Alex Kurtzman, revelou esta semana que o servizo de streaming da Paramount+ está a desenvolver unha nova série, esta vez centrada na Académia da Frota Estelar.

Nunha entrevista co xornal The New York Times, Kurtzman dixo que a série “xirará ao redor da Académia da Frota Estelar, que estará dirixida a unha audiéncia mais nova“. Polo momento aínda non está claro se será unha série de acción real ou con debuxos animados.

En todo caso, o proxecto úne-se a unha manchea de séries que están xa en antena ou que teñen previsto comezar axiña a súa emisión: Star Trek: Lower Decks en debuxos animados para todos os públicos, Star Trek: Prodigy en debuxos para nenos, e Star Trek: Discovery, Star Trek: Picard e Star Trek: Strange New Worlds con acción real.

O proxecto que aínda está pendente é o thriller de espías Star Trek: Section 31, do que Kurtzman dixo: “Coido que estamos só a comezar. Hai moito mais que facer“. E tamén engadiu que quere ir a lugares moito mais estraños:

Quero que a franquía sexa moito mais estraña… e que se amplíen os límites moito mais do que a maioría da xente querería. Coido que poderiamos chegar a iso. A Marvel demostrou que se pode. Pero tes que construír unha determinada base para chegar alí, e nós aínda estamos a construír a nosa base“.

A segunda tempada de Star Trek: Lower Decks chegará ás nosas pantallas o vindeiro venres.