A precuela dos xogos da fame

163

O presidente da Lionsgate, Joe Drake, ven de confirmar que a precuela da súa franquía mais famosa, The Hunger Games, ten previsto comezar a produción para a primeira metade do ano que ven.

No marco da xuntanza trimestral da compañía cos analistas de Wall Street, Drake afirmou que a estrea da película está prevista para finais de 2023 ou comezos de 2024 e que “avanza moi, moi ben” na preprodución.

Agárda-se que a longametraxe se basee na novela de Susan Collins The Ballad of Songbirds and Snakes, que Francis Lawrence volverá a dirixir, e que Nina Jacobson e Brad Simpson producirán. Collins escribirá o tratamento da película e Michael Arndt adaptará o guión.

A história vai esta vez sobre o rapaz de 18 anos Coriolanus Snow, anos antes de se converter no tiránico presidente de Panem, cando é elixido para ser mentor dos Décimos Xogos da Fame e se lle asigna a titoría da nena tributo do empobrecido Distrito 12.