Luis Guzmán será Gómez

480

O veterán actor portorriqueño Luis Guzmán ven de se facer co papel de Gomez, o patriarca da família Addams, na série Wednesday que está a preparar a Netflix baixo a dirección de Tim Burton, quen fará o seu debut na pequena pantalla nesta nova versión do clásico cómic convertido en série nos anos 90. Burton ademais será o produtor executivo dos dez episódios.

Pola súa banda, Guzmán, quen ten ás súas costas unha carreira que xa dura mais de corenta anos, fai-se cun papel que interpretou John Astin na série orixinal, Raul Julia nos filmes, e Oscar Isaac na mais recente adaptación en debuxos animados.

Guzmán úne-se a un elenco no que xa figura Jenna Ortega no papel da rapaza protagonista, Wednesday Addams, no que se alcuma coma unha “comédia de madurez que será un mistério de investigación, cun toque sobrenatural” mentres seguimos os anos de Wednesday coma estudante na peculiar Académia Nevermore.

A série foi creada e escrita por Al Gough e Miles Millar, quen serán ademais os showrunners. Andrew Mittman, Kevin Miserocchi, Kayla Alpert, Jonathan Glickman e Gail Berman son os outros produtores executivos.