A nova Crónica a protagonizarán as mulleres

486

Case dez anos despois de que o filme de ciéncia-ficción Chronicle de Josh Trank chegara ás pantallas, ven de se facer público o proxecto dunha posíbel secuela, aínda que soa mais coma un recomezo da propiedade.

O produtor John Davis afirmou que o proxecto está xa en desenvolvemento e que terá lugar dez anos despois dos acontecementos do filme de 2012. O foco esta vez porá-se nun novo grupo de persoaxes, esta vez rapazas estudantes que se converten na vindeira xeración de superheroínas:

Agora mesmo estamos a traballar en Chronicle 2, e coido que vai ser xenial. Estamos a traballar nisto na Fox (20th Century Studios). Vai-nos dar a oportunidade de contar a história dun xeito diferente. Ímo-la contar dende o punto de vista feminino.

Pasaran dez anos dende que aconteceron os feitos de Seattle, e grande parte da película tratará sobre as fake news e as novas reais e os encubrimentos. O mais interesante é a nova xeración que recibe estes poderes que son corruptores.

Estas son mulleres novas que veñen de rematar os seus estudos universitários, están empodeiradas, e esta é a súa viaxe. Quero dicir, que nova e interesante história podes contar aquí!“.

O filme orixinal foi un éxito inesperado que recadou 127 millóns de dólares en todo o mundo, a partir de tan só 12 millóns de orzamento inicial. Michael B. Jordan, Alex Russell e Dane DeHaan foron os seus protagonistas.

Para esta secuela non hai polo de agora indicacións de quen será o guionista ou o director, e moito menos respecto a un elenco de protagonistas. O filme orixinal contou cun guión de Max Landis, pero non se agarda o seu regreso desta volta.