Dan Levy é un anxo da garda

306

O actor, guionista, director e produtor canadiano Dan Levy (Schitt’s Creek) vai-se lanzar ao mundo da animación no seu vindeiro proxecto. A Hulu ven de lle encargar a presentación de Standing By, unha comédia de debuxos animados que producirán Levy, a guionista e directora Ally Pankiw e mais a 20th Television Animation. Levy ademais encargará-se de lle poñer a voz a ún dos protagonistas deste proxecto, que se enmarca no acordo que asinou coa ABC Signature, outra das filiais da Disney.

Standing By é unha ollada satírica ás vidas dun grupo de anxos da garda eternamente atados e descontentos, e ás leccións que aprenden non só dos humáns disfuncionais aos que están encargados de protexer, senón tamén de si mesmos. Levy porá-lle a voz a Carey, un novo anxo, que antes de morrer tiña unha vida senlleira e illada en New York.

A série cónta-se coma un novo proxecto coa que a Hulu quere continuar experimentando no eido dos debuxos animados para adultos, no que xa conta co seu éxito Solar Opposites, tamén producido pola 20th Television Animation.