A Xustiza Por Todos

248

O actor de Aquaman e Candyman Yahya Abdul-Mateen II será o protagonista do thriller distópico By All, que conta co director de Creed II, Steven Caple Jr. e que será producido pola Legendary Entertainment, a Gotham Group e mais a Warner Bros. Pictures.

O filme, que podería ser o comezo dunha nova franquía, está ambientado nun mundo onde non existe a policía, e a xustiza é servida pola comunidade. Agora, após dun tráxico acontecemento, un home chamado Donte (Abdul-Mateen) é obrigado a fuxir.

O guión, escrito por Juel Taylor e Tony Rettenmaier a partir dun conto orixinal deles mesmos, explora temas coma o desequilíbrio de poder nas comunidades e como isto deturpa os sensos de responsabilidade, família e amizade.

Caple, Mary Parent, Alex García, Ellen Goldsmith-Vein e Eric Robinson serán os produtores.