Catherine Zeta-Jones é Morticia Addams

961

A actriz inglesa Catherine Zeta-Jones será Morticia Addams na vindeira série Wednesday que dirixirá Tim Burton para a Netflix, coa popular família Addams coma protagonista. Burton fai o seu debut coma director televisivo nesta versión dos clásicos cómics convertidos en comédia de situación no cinema dos anos 90.

Jenna Ortega é a protagonista no papel titular de Wednesday Addams, na que se alcuma coma unha “comédia de madurez que será un mistério de investigación, cun toque sobrenatural” mentres seguimos os seus anos coma estudante na peculiar Académia Nevermore.

Zeta-Jones fai-se cun papel que interpretaron Carolyn Jones na série orixinal, Anjelica Huston nos filmes, e Charlize Theron na mais recente versión en debuxos animados. Luis Guzmán interpretará ao seu home, Gomez Addams.

Al Gough e Miles Millar (Smallville) serán os showrunners desta série de oito episódios.